miércoles, 4 de diciembre de 2024

Intragable....Lleva razón G.Rufián....nos comen!!!!!

Portada Actualidad Entrevistas Memoria Antifascista Cultura Suscríbete Buscar: Buscar … Somos vítimas dos políticos da dereita e da extrema dereita e consentimos Temos asistido e, continuamos a presenciar un espectáculo, do máis vergonzoso que se poida imaxinar, tomando como escenario de actuación especialmente o recinto do Senado. Por Jose Vieira | 4/12/2024 Cando a extrema-dereita, toma como súa propiedade, as calamidades publicas, non escamotea todas as mentiras que xulgue necesarias para atinxir os obxectivos, que son, como mínimo, a conquista do poder. Non ollando a medios, se lanzando en confrontacións do máis baixo, nivel educacional e de de máis clamorosa falta de honestidade, raiando a calumnia criminal. Lanzan man das acusacións persoais, baseadas en especulacións non contrastadas e, recorrendo a agresión verbal, cos argumentos do máis falaciosos que se poidan concibir, mais que serán tanto máis válidos, canto máis sangrantes poidan ser. Non hai paraxe, non hai intervalos, a dereita en España, é constante e continúa en utilizar falsos argumentos, procurando réditos, que non conseguen obter dunha forma lexítima (falamos do Partido Popular e, das súas cúpulas e, en especial, co seu presidente á cabeza, sen esquecer, a súa matriz ideolóxica o partido Vox). Temos asistido e, continuamos a presenciar un espectáculo, do máis vergonzoso que se poida imaxinar, tomando como escenario de actuación especialmente o recinto do Senado. Tiñamos a impresión de que nese local, sería onde se desenvolverían o mundo das ideas e, expresadas con toda a elegancia e elevación discursiva, entre as diversas posicións políticas. Mas nos equivocamos totalmente, pois, temos todos os cidadáns españois, asistido a ataques persoais, por parte dos señores deputados do Partido Popular e de Vox, a membros do goberno de quenda, na actualidade. Esas interferencias, que se poden afirmar atinxiren tal despropósito, que en condicións normais, e nun país onde se respectasen a dignidade das persoas e, o respecto entre cidadáns de pé de rúa, estes ataques, entrarían no campo de delitos contra a honra dos visados. Parece que no reino de España, entre os señores deputados e outros políticos equiparados, polo menos algúns e en especial os do Partido Popular, cando se dirixen aos seus opositores e, tendo como teatro o Congreso de Deputados ou no Senado, para desfaceren a súa “bile”, empregan unha linguaxe de tal maneira barriobaixeira, que noutras bocas menos favorecidas, ou talvez menos protexidas polas autoridades policiais, terían que ser consideradas ofensas, suxeitas ao Código Penal. O que realmente non entendemos, é como que a poboación, en especial os simpatizantes dese partido, asisten a este triste e indecoroso espectáculo e, en vez de se revelaren totalmente en contra, asisten encantados, sentindo un auténtico orgasmo mental. Por veces, até pensamos que o que realmente preocupa a poboación, que apoia esta falta de educación dos seus representantes, o que haxa en falta é que o triste espectáculo non sexa en sesións continúas. Cremos que esta é unha herdanza dos espectáculos circenses do imperio romano, continuado e perpetuado, nas corridas de touros, nas súas máis diversas variedades. Non nos admiraría moito, que por este andar, que se levantasen voces da dereita e da extrema-dereita, a pedir que se transforme o espazo do Congreso e do Senado, nun circo, parecido aos romanos, con sangue e todo e o presidente do tal Partido Popular e o seu referente ideolóxico o presidente do Vox, en balcón presidencial, e con orquestra, mostrasen á multitude o polgar para baixo, sempre que lles cheirase a oportunidade. Os partidos de extrema-dereita, non son nin minimamente civilizados e, peor do que iso, son fábricas de mentiras, de ataques persoais, que só polos tribunais estaren demasiadamente ocupados, escapan às sancións penais, estipuladas no Código enriba referido, dato a gravidade dos termos empregados. Se tivésemos calquera dúbida de que estabamos a ser duros cos señores políticos, dos partidos en cuestión, bastaba termos o coidado de remitir a nosa memoria aos diversos momentos políticos con que temos sido brindar, tras o cataclismo ocorrido pola pasaxe do fenómeno climático Dana, sobre todo na Autonomía de Valencia. Non paga moito a pena, nos fixarmos en cuestións de horas, pois, estas están xa suficientemente investigadas e comprobadas, demostrado a vagues e a irresponsabilidade, de quen tiña e teñen a responsabilidade de desencadear os mecanismos e, para intervir de inmediato, así como previr as poboacións da súa comunidade e, como todos sabemos, esas competencias, son ciosamente gardadas como sendo unha parte da súa exclusiva responsabilidade (do Presidente da autonomía). Non imos, dicir que non houbese algúns fallos doutras entidades, mais a realidade é o que é, o que verificamos, nos números máis crus, é a existencia de 220 mortos, que con toda a certeza, parte destes podían ser evitados, se o señor que manda máis nesa comunidade, fose unha persoa responsábel, se tivese atento aos múltiples avisos das entidades que están a facer as previsións meteorolóxicas, se coordinase os seus servizos, e se asumise realmente o lugar que lle correspondía. Este señor que repara no nome de Carlos Mazon, ilustre empregado e voceiro das ideas do seu patrón, un tal Feijó, se lle tivese restado un pouco de dignidade como cidadán (dicimos como cidadán), pois, xa sabemos que a palabra non ten o mesmo significado cando nos referimos a políticos, debía ter de inmediata petición o apoio do goberno central, solicitando todos os medios dispoñíbeis. Mas non o fixo, este señor, mostra con tal procedemento, a súa incompetencia a súa irresponsabilidade ou, estaba orientado, polos seus patróns desde a sede do seu partido, para non solicitar o apoio do goberno central, para despois o seu patrón principal, poder atacar o goberno de quenda. Esta dúbida persiste, mais como é habitual, sempre caída no segredo dos grandes erros e dos seus grandes responsábeis. Dunha cousa temos realmente correcta, é que o seu patrón máximo o señor Feijó, nesta cuestión, unha vez máis, mostrou o seu desprezo polos accidentados, que son miles de familias que todo perderon, e polos mortos, que o seu ilustre Carlos Mazón, levou por diante por ser un irresponsábel. Non pode un irresponsábel deste tipo estar a fronte dunha Autonomía, como a de Valencia, este señor, nin dun lupanar pode estar a xestionar e, no entanto, o seu patrón (Feijó), con base nos estatutos do seu partido de insensíbeis e inmorais, non desencadea a presión necesaria e suficiente (bastaba dicir ao incapaz, que debía arrumar a mochila e este desaparecía), sobre o tal Carlos Mazón. Por outro lado, como é posíbel que o Partido Popular, de que é patrón o tal Feijó, admite que a fronte de la recuperación da zona destruída e dos miles, de cidadáns que todo perderon neste cataclismo climático, deixe quedar unha persoa que xa deu suficientes probas da súa irresponsabilidade. Será que o señor Feijó pretende que este incapaz que xa temos a certeza da súa inutilidade, se quede a xestionar os fondos que se utilizarán na recuperación e no apoio a quen todo perdeu, pola simple razón de ser fácil, contornar un incapaz e se poidan instalar, os habituais señores das corrupcións. Para terminar, só queremos dicir que a Autonomía de Valencia, ten unha larga historia de corruptos coa gobernación do Partido Popular, mais agora, até dispón do seu socio e ideólogo de sempre o partido Vox.

No hay comentarios: